miércoles, 7 de septiembre de 2011

O CURA DÓS REMEDIOS EN VERÍN, PIDELLE A PATRIMONIO QUE AUTORICE A REFORMA DO ALTAR DA ASUNCIÓN. NON QUERE CARTOS SÓ QUE LLE DEIXEN FACER A REFORMA

Mañá é o día grande da festividade de Os Remedios e Os Milagros. O cura párroco reclama de Patrimonio autorización para poder restaurar o retablo da Asunción, non pide diñeiro, só que lle den permiso para facer as obras.

Na comarca de Monterrey celébrase este día en varios pobos, pero un dós que máis devotos congrega é sen dúbida o santuario de Os Remedios na localidade verinense de Vilamaior.
Haberá misas dende as 8 e media da mañá e cada 45 minutos ata a mediodía que se celebrará a misa solemne con procesión incluida. Para aqueles que por motivos de traballo, ou outras causas, non poidan acudir pola mañá ata Os Remedios, poderán facelo pola tarde porque ás 8 haberá de novo rosario e misa.
Na novena que se ven celebrando estos días, é impresionante o número de persoas que acuden a este templo para participar nesta acto relixioso, agardase tamén unha gran afluencia de público na xornada de mañá.

Ó marxe do apartado festivo, o cura párroco deste santuario Pedro Blanco continúa insistindo na mellora do templo. Xa conseguiu facer as obras máis importantes e necesarias para o santuario como a renovación do teito, paredes, traballos de drenaxe para frear humidades....pero él insiste. Cada ano ten un proxecto e non cesa no seu intento de peticións ata que consigue o seu obxetivo. Agora anda na procura da reforma do altar lateral da Asunción. O problema está na Administración. O cura non pide cartos, asegura que dese apartado encargase él, pero sí precisa que Patrimonio lle autorice a renovación do retablo pero polo de agora ese permiso non da chegado. O sacerdote non entende a tardanza nun trámite tan sinxelo, ¡outra cousa sería que tiveran que aportar diñeiro!. Coas limosnas que ó longo do ano lle aportan á Virxen os devotos, o sacerdote conseguiu xa os 14.500 euros que precisa para restaurar o retablo da Asunción. O sacerdote Pedro Blanco non tirará a toalla, seguirá agardando e tamén pedindo.claro que cando vexa reformado o altar da Asunción, pedirá outra obra, neste caso o altar do Santo Cristo.

0 comentarios:

Publicar un comentario