martes, 17 de enero de 2012

SAN ANTON EN ABEDES, MISA, FOGATAS, FESTA, ROMEIROS E GASTRONOMIA

A néboa que non abandonou Verín durante esta mañá impediu ver o fume das diferentes fogatas que dende primeira hora están acesas no monte de San Antón, en Ábedes. Porque hoxe é xornada festiva en Verín, unha festa que sirve para homenaxear ó patrón dos animais, para degustar productos da matanza e para dar o pistoletazo de saída os Cigarróns que dende hoxe se preparan para o Entroido.
A devoción ó san Antón é grande nesta comarca, principalmente entre os veciños de mediana e avanzada idade. Quedou patente un ano máis na misa central que tivo lugar a mediodía, logo dunha procesión que saiu dende a igrexa central de Ábedes ata a capela que no monte de San Antón está enclavada e na que se celebrou a misa na honra ó santo.
Pola tarde serán subastados productos derivados do porco que os veciños aportaron.
Entorno a capela celébrase o apartado festivo con música de charanga e a festa que cada grupo forma. Porque ó típico deste día é que as familias, os amigos en grupo, pandillas....se unan entorno a unha fogata. Máis de un ten o sitio guardado dende onte. A primeira hora da mañá un membro da pandilla accede ó monte para coller sitio e encender a fogata porque a mediodía deben estar as brasas a punto para poder asar os diferentes productos gastronómicos que serán degustados polo grupo no xantar, na merenda e mesmo hai quen queda no monte ata a cea. Hoxe non falta comida nin bebida. Neste último caso tamén é habitual que a inxesta excesiva remate con algún dós asistentes á romería no servizo de urxencias do centro de saude. Pero éstos son os menos. A gran maioría aproveita para disfrutar da gastronomía, do entorno, da calor do lume e da festa que monta cada pandilla no monte.
No apartado gastronómico, antano o típico era que as familias foran o monte de Ábedes para asar e degustar chourizos. Despois fóronse unindo outros derivados do porco coma a costela...hoxe nas fogatas pode verse como os diferentes grupos asan non só productos de porco senón tamén tenreira e mesmo cordeiros ou cabritos. Non faltan tamén empanadas e mesmo hai quen se atreve con unha pota de caldo que pouco a pouco se vai esgotando porque axuda a quentar o corpo ó longo do día.
É unha das festas máis entrañables do ano en Verín e sirve para lembrar que hai outra ás portas: o Entroido.
Hoxe, como marca a tradición, saen á rúa os primeiros cigarróns....será pola noitiña. Farán soar as suas chocas e escomenzarán así a ambientar Verín. dende hoxe os cigarróns entrenarán cada día e sairán polas noites á rúa coas chocas para entrenar de cara a estar en forma física para poder aguantar casi unha semana de Entroido. Unha festa que este ano chegará a mediados do vindeiro mes.

lunes, 16 de enero de 2012

3 DIAS DE LOITO EN VERIN POLA MORTE DE MANUEL FRAGA

Os concelleiros do BNG de Verín non cobrarán polo pleno celebrado esta tarde para declarar 3 días de loito oficial pola morte de Manuel Fraga. O anuncio fíxerono unha vez rematada a sesión. Ó comunicarllo ó rexedor, éste tamén anunciou que os ediles do PP tampouco cobrarán. Os socialistas non se pronunciaron porque xa abandonaran o salón de plenos cando se falou deste tema.A corporación tamén aco...rdou celebrar unha misa de funeral por Fraga Iribarne o xoves as sete e media na Igrexa Parroquial de Verín. O expresidente da Xunta fora nomeado fillo adoptivo deste municipio en 1964.O pleno durou cinco minutos polo que dada a situación económica do Concello, os concelleiros do BNG consideran unha esaxeración que do Concello saian uns 2.000 euros para aprobar só un tema. Sí estiveron a favor, ó igual que o resto de concelleiros, có acordo tomado.

miércoles, 14 de diciembre de 2011

TEATRO ESTE SÁBADO EN VERIN CON LA CAJA DE PANDORA

O teatro é unha dás actividades dás que poucas veces se pode gozar en Verín, pero este sábado hai teatro. Será pola tarde na Casa da Cultura co grupo local de La Caja de Pandora. Porán en escea 3 obras baixo o título La nueva Cenicienta y su lobo, La sustituta del Hada Madrina de Cenicienta e Cuento de Navidad.
Serán representadas principalmente polos máis xóvenes de la Caja de Pandora. Precisamente un dós obxetivo desta asociación de cultura e ocio é implicar a xuventude no mundo do teatro.
Ó rematar a obra haberá unha merenda para todos os asistentes. Este será o derradeiro festival de teatro que este ano ofrecerá La Caja de Pandora de Verín, pero xa están preparando novos traballos para o vindeiro exercicio. Eso sí buscan novos integrantes do colectivo, sobor de todo homes para a interpretación de papeis masculinos.
O grupo de teatro ten dende este mes un local no que poder ensaiar, algo do que carecían ata o momento, grazas a cesión dunha veciña que tiña un local baleiro nas galerías Centro e que lle cedeu desinteresadamente ó grupo cultural verinense, La Caja de Pandora

EL CONCELLO DE VERIN QUIERE PEDIR UN CRÉDITO PERO LA ÚNICA OFERTA QUE HA RECIBIDO PIDE UN INTERÉS DESORBITADO

El Concello de Verín ha solicitado a varias entidades bancarias ofertas para pedir un crédito que permita asumir las actuaciones del plan de inversión de este año. Sólo ha recibido una respuesta y para ello el interés solicitado es desorbitado según ha calificado el alcalde, quien estaba acostumbrado a recibir una veintena de ofertas en otros años. Sostiene que la situación es crítica y se siente preocupado, según ha afirmado en Onda Cero Verín, sobre todo para poder mantener los servicios básicos con una calidad mínima para los vecinos.

lunes, 21 de noviembre de 2011

XERAIS 2011

Na comarca de Monterrei, contando tamén Viana do Bolo, o PP obtivo 755 votos máis que nas pasadas eleccións xerais de 2008; nembargantes o PSOE tivo unha baixada espectacular de 2883 votos. Tamén rexistrou un baixón o BNG con 609 votos menos que no 2008. A formación nacionalista baixou votos en toda a comarca de Monterrey, agás en Viana do Bolo onde subiu 45 votos e en Xinzo de Limia onde aumentou 44 votos.

Onde máis subiu o PP foi en Xinzo de Limia, con 499 votos máis que no 2008. En Verín obitvo 262 votos máis. Pola contra baixou en A Mezquita 78 votos, en Viana do Bolo tamén perdeu 7 votos e en Riós, aínda que só 3 votos.

En canto o PSOE baixou votos en toda a comarca de Monterrey, en Viana do Bolo e mesmo en Xinzo de Limia. O descenso máis profundo foi en Verín onde perdeu 990 votos, comparando coas últimas eleccións xerais; e en Xinzo descendeu 789 votos. Nos concellos de censo máis inferior destaca a pérdida de votos socialista en Vilardevós onde baixou en 358 votos, en viana perdeu 314 votos e en Riós foron 229 os veciños que non votaron os socialistas e sí o fixeran nas anteriores xerais. Esta cifra de descenso foi superada en Monterrey onde o PSOE perdeu 238 votos

viernes, 18 de noviembre de 2011

NOVA PROTESTA POR PARTE DE EXPROPIADOS PARA CONSTRUIR A AUTOVÍA A-75 PORQUE AINDA NON COBRARON, CATRO ANOS DESPOIS

Os veciños de 5 pobos de Verín ós que lles expropiaron as suas fincas para construir a autovía a Portugal voltaron a manifestarse hoxe tal e como habían anunciado. Fíxerono ante a Casa do Concello para que o alcalde e o grupo de goberno teñan constancia de que hai uns veciños con problemas creados porque Fomento non lles pagou o diñeiro que lles debe polas expropiacións, uns 4 millóns de euros. Con este acto pacífico reclamaron tamén o apoio da institución local para que medie, dentro das suas posibilidades, ante as autoridades competentes para poder cobrar, catro anos despois.Agora van agardar ata mediados do vindeiro mes. O actual subdelegado do goberno quedou en darlle unha resposta nos vindeiros días, logo de novos trámites de petición feitos dende a subdelegación do goberno ós responsables de Fomento. Se non cobran xa anunciaron que protagonizarán máis actos de protesta.

jueves, 17 de noviembre de 2011

ARDEU UNHA CASA EN SAN CIPRIAN -OIMBRA

Unha familia quedouse esta tarde-noite sen o seu fogar de recente construcción, foi no municipio de Oimbra, dentro do pobo de San Ciprián. Ardeu totalmente. As lapas destrozaron todo o que había no interior da casa. As investigacións tratarán de aclarar os motivos deste incendio