viernes, 9 de septiembre de 2011

A BIBLIOTECA DE VERIN NOMEADA A MELLOR BIBLIOTECA DE ESPAÑA 2011

A Federación de Gremios de Editores de España, nomeou á Biblioteca de Verín coma mellor biblioteca de España 2011, polo seu traballo no Fomento da Lectura. Tamén valorou o proxecto da Biblioteca de Verín e o conxunto de actividades levadas a cabo, destacando o Voluntariado Cultural, o Fomento da Lectura, o Aprendizaxe en idades tempranas e a Alfabetización Dixital.
O premio será entregado no marco da Feria Internacional del Libro (LIBER) en Madrid do 5 ao 7 de Outubro. Consistirá nunha escultura orixinal expresamente diseñada para este acto, valorada en 6.000 euros, que será entregada por D. Antonio María Ávilas, Presidente da Federación de Gremios de Editores de España no marco de LIBER, unha visita á Biblioteca Nacional e un lote de libros para a biblioteca premiada. Noraboa!!!

0 comentarios:

Publicar un comentario