viernes, 30 de septiembre de 2011

O CONCELLO DE LAZA PREPARA ORDENANZAS MUNICIPAIS PARA EVITAR QUE OS CAMIONS DE OBRAS DESTROCEN AS ESTRADAS E NINGUEN SE FAGA CARGO

O grupo de goberno do PP de Laza está cheo de ver cómo os camiños que levan ós montes se deterioran por mor dos camións que entran e salen para sacar madeira dós diferentes bosques, sen que se fagan cargo dos desperfectos porque non hai ningunha orde que regule esta actuación. Esto vaise acabar en Laza. So en 2 camiños, o concello tivo que gastar 120.000 euros para arranxar os destrozos feitos polos camións e a maquinaria que estiveron sacando madeira dos montes de Santo e Correchouso.
Para que esto non se repita, o Concello está preparando unha ordenanza municipal que regule as cortas de madeira e o cuidado dós camiños.
Calqueira empresa que se achegue a Laza, con esa orden en activo, terá que sacar unha licencia no Concello, solicitar os oportunos permisos, aboar unha fianza e pagar as tasas correspondentes. O alcalde, José Ramón Barreal, asegura que se trata de que as empresas madeireiras paguen como calqueira veciño que fai unha obra e mesmo se fagan cargo dos destrozos que realicen nos camiños do concello.
A iniciativa que é pioneira na comarca está escomenzando a andar. Ademáis o alcalde tamén quere crear un servizo municipal de montes para axudar as comunidades de monte do municipio. A idea é facer un ente público para xestionar os montes, en colaboración e que exista un soporte técnico que axude a rentabilizar os recursos do monte de unha forma ordenada.
Unha ordenanza semellante fai ser elaborada tamén en Laza para regular as obras do AVE que atravesan parte do municipio. Todos os camións que circulen polo municipio con motivo destas obras terán que pagar unha tasa ó concello. Tamén aquí se queren curar en saúde e evitar que ó remate dás obras os camiños e estradas do municipio queden destrozados e ninguén se faga cargo dos desperfectos. As empresas adxudicatarias das obras terán que asumir esa responsabilidade e os gastos.

0 comentarios:

Publicar un comentario