jueves, 29 de septiembre de 2011

DENUNCIAS EN VILARDEVOS

O goberno municipal de Vilardevós, PP, xa ten 6 procesos xudiciais en marcha dende que entrou no Concello, abertos por outros tantos traballadores que reivindican ser indefinidos, segundo dixo en Onda Cero Verín o voceiro do PSOE, José Luis Pérez García. Pero ademáis un traballador ten previsto presentar unha denuncia por suposto acoso laboral e o propio voceiro do PSOE, José Luis Pérez García, tamén anunciou que levará ó Xulgado ó alcalde por decir que cando gobernaba renunciou a unha obra de 59.000 euros para facer unha pista de unión entre os pobos de Doña Elvira e Enxames. Segundo o exalcalde eso non é certo.
O caso dos seis traballadores está no Xulgado do Social de Ourense. Xa foi vista unha dás denuncias, o día 6 tócalle o turno a outro traballador e o día 11 declararán outros dous. Agardan que o xuiz lle dea a razón porque levan traballando no Concello varios anos pero sempre con contratos sen que foran convertidos en traballadores fixos.
O actual rexedor do PP, Manuel Cardoso, dí que esta denuncia é unha herdanza do PSOE porque cando gobernaba non regulou a situación deses traballadores e éstes, cando nas eleccións perdeu o PSOE, pensaron que serían despedidos e foi cando escomenzaron a denunciar o caso porque o primeiro escrito data do 3 de xuño.
En canto a denuncia do presunto acoso laboral, o alcalde asegura que non existe, o único que persiguen dende o grupo de goberno é que cada traballador faga as suas tarefas e non outras.
Os socialistas tamén acusaron o alcalde de non saber quen ten as chaves do concello. O rexedor di que sabe moi ben quén as ten e onde están tanto as chaves como todo o que ten que ver co Concello.Para defenderse de todas as denuncias, o grupo de goberno do PP de Vilardevós xa nombrou un representante legal.

0 comentarios:

Publicar un comentario