martes, 25 de octubre de 2011

OS VENTOS E A CHOIVA AXUDAN NA CAMPAÑA DA CASTAÑA

As últimas choivas xunto cós ventos teñen provocado unha caída importante de castañas que ata agora estaban cáseque pegadas nos ourizos por mor da sequía. As choivas e o vento permitiron que boa parte da colleita esté no chan preparada para ser recollida, tarefa na que se afanan estos días os titulares de soutos. Con todo aínda queda un 50 % da producción , dependendo da variedade, sin recoller. A climatoloxía vai ser factor esencial para determianr o resultado desta campaña.

0 comentarios:

Publicar un comentario