jueves, 15 de septiembre de 2011

EDUCACIÓN DI PRIMEIRO QUE SÍ HABERÁ OUTRO PROFESOR PARA O AMARO E UNHA HORA MÁIS TARDE DI QUE NO, ASUME TODO O DIRECTOR E OUTRO PROFESOR DO CENTRO

Nin veu nin vai vir o profesor que en teoría faltaba no colexio Amaro Refojo de Verín. O centro terá que arreglarse cós profesores que hai.
Os pais protestaron esta mañá diante do colexio e os nenos de sexto A de primaria que son os afectados non acudiron á sua aula na primeira hora de clases...e eso fixérono antes de saber que a Consellería non ía mandar o profesor tutor desta aula.
A medida foi tomada para protestar pola tardanza do profesor e porque na Consellería ninguén lles decía cándo chegaría o tutor de sexto A de primaria. Ó longo desta semana a algúns pais, ó director do centro e mesmo a Onda Cero Verín aseguraronnos dende a Consellería que era un problema de última hora pero que xa estaba solucionado polo que o novo profesor incorporaríase de inmediato. Esta mañá cando os pais acompañaron os fillos o colexio e estes se mantiveron no patio sin entrar na aula, o director púxose en contacto con Educación para que lle deran unha resposta. Cando o director saiu, logo da conversa con responsabeis de Educación, comunicou que o compromiso era que o profesor xa estaba de camiño e que chegaría ó longo da mañá.
Con esa nova marcharon os pais pensando que se acaba de resolver o problema.. Pois ben a nova dada dende Educación era mentira: non había ningún profesor de camiño, nin asignado profesor algún para facerse cargo da aula de sexto A de Primaria. .
Claro que os nenos sí teñen tutor dende hoxe: o propio director que repartirá a tutoría con outro profesor do centro...esa foi a orden que finalmente a mediodía lle deron dende Educación ó director do colexio Amaro Refojo. Ricardo Rodríguez asumirá ese cargo, xunto có de director, e faraio dividindo as horas con outro profesor do colexio, claro que esto suporá, entre outras cousas, un novo calendario de horarios para compatibilizar traballos e mesmo o reparto das disciplinas entre un e outro.
Os pais por un lado saben que con esta solución os seus fillos estarán en boas mans porque coñecen o director e ó outro profesor e saben que son bos profesionais, pero por outro lado temen que esto suporá un incremento importante de traballo nos dous profesores e eso pode repercutir negativamente en todas as partes: estudantes e profesores. Din que esto é un claro reflexo dos recortes de Educación en contra do que din dende a Consellería.

0 comentarios:

Publicar un comentario