miércoles, 14 de septiembre de 2011

VECINOS DE LAZA RECORDARÁN EN SUIZA VIEJOS TIEMPOS

Veciños de Laza irán a Suiza a conmemorar o 30 aniversario do equipo de fútbol Unión Laza que hai 3 décadas crearon cidadáns lazanos que emigraron a Montet. Farán a viaxe na segunda fin de semana de outubro.

Montet é unha comuna suiza do cantón de Friburgo. Alá marcharon uns 500 veciños de Laza. Emigraron no seu día, na década dós 80 sobor de todo, en busca de un futuro mellor. Cáseque todos, voltaron xa a Laza logo de pasar uns máis tempo que outros en Suiza. Hoxe os que quedan alá non chegan á trintena. Daquela, para facer máis amena a sua estancia, non perder o contacto cós veciños e estar activos, un grupo dos veciños emigrados puxo en marcha un equipo de fútbol denominado Unión Laza có que practicaron este deporte durante anos e competiron con outros equipos deste pais de Europa central. Daquela todos os anos, unha vez pasado o período vacacional e de regreso de novo a Suiza tiñan por costume facer unha festa que denominaban “festa do carneiro” na que non faltaba a comida e o deporte.
Dende hai tempo ronda pola cabeza daqueles que foron emigrantes, voltar o lugar no que pasaron parte da sua vida. A idea foi medrando e cobrou forma. Irán en outubro. Claro que non voltarán todos, algúns xa non viven e outros, pola sua idade e problemas físicos e de saude non se atreven a meterse nun autobús tantas horas, pero sí hai persoas que están desexando chegue o día 6 para sair de Laza cara a Suiza. Polo de agora están apuntados emigrantes retornados, pero tamén familiares de persoas que estiveron nesa zona suiza e que queren ver ónde pasaron anos os seus. Ainda está aberto o plazo para apuntarse na viaxe ata o día 23.
Os gastos da viaxe e a estancia serán sufragados polos propios veciños. Dende o Concello colaboraron na organización, contactaron coa empresa de transporte de viaxeiros que os desplazará ata Suiza e tamén dende a institución se encargaron de buscar un lugar para que poidan dormir todos os veciños que participen nesta viaxe a Suiza. Dormirán nun monasterio Franciscano a un prezo de 40 euros a noite.
Sairán de Laza o día 6 pola noite, chegarán a Suiza o venres 7 pola tarde e estarán alá o sábado e domingo. Alí está previsto revivir a festa do carneiro. Non faltará polo tanto, unha vez máis, nin o partido de fútbol, nin a comida popular.
Na viaxe, os veciños estarán acompañados polo alcalde, o popular José Ramón Barreal...

0 comentarios:

Publicar un comentario