martes, 20 de septiembre de 2011

CINCO DETIDOS NUNHA NOVA OPERACION ANTIDROGA, ENTRE OS QUE SE ATOPA UN VECIÑO DE VERIN

Un home de Verín que rexenta un local de alterne, de 49 anos, é un dós cinco detidos na operación Greco contra o tráfico de drogas nas comarcas de Verín e Xinzo. Foi detido tamén un subdito marroquí con domicilio en Xinzo de Limia, unha parella de Vilar de Barrio e un home de San Xoán de Río.
A investigación escomenzou en febreiro a raíz da alerta dada dende o departamento de Asuntos Sociais de Xinzo, que tiña sospeitas de venda de droga a menores.
Segundo a policía o súbdito marroquí adicábase o tráfico de hachis nas comarcas de Xinzo de Limia e Monterrei. E ademáis viaxaba a Cádiz e Portugal para abastecerse de droga que vendía ó veciño de Vilar de Barrio. Éste e a sua compañeira sentimental, tamén detida, adicabanse supostamente ó cultivo e tráfico de marihuana no seu domicilio. O home de San Xoán de Río está acusado de cultivar tamén droga na sua casa que logo vendía o veciño de Vilar de Barrio.
O veciño de Verín que rexenta un clube de alterne na comarca do Támega utilizaba supostamente o local para efectuar transacións, vendas de cocaína e heroína diariamente.
Na operación Greco, que así se denomina incautaronse 147 kg de cannabis sativa, 5 gramos de hachis e 2 de cocaína
Foron intervidos tamén, en varios rexistros, varios útiles para a preparación e envase de droga e diferentes materiais.
Os detidos están a espera de pasar a disposición xudicial no Xulgado de Xinzo

0 comentarios:

Publicar un comentario