jueves, 12 de mayo de 2011

SERVIZO DE AUTOBUS MUNICIPAL MEZQUITA-VERIN. EMPEZA O LUNS

Os veciños de A Mezquita disporán dende o luns de un novo servicio: un autobús ofreceralles a posibilidade de viaxar ata Verín. é un servizo que pon en marcha o Concello e era un compromiso do alcalde socialista, José Luis Santamarina Ferro que poderá ver cumplido na última semana desta lexislatura. Claro que si José Luis Santamarina non repite como alcalde, non se compromete a que o servizo se manteña...dependerá de quen ocupe o sillón municipal porque dixo que en outras candidaturas hai persoas que teñen servizo de taxi e poden considerar ó autobús unha competencia.
6’20
O autobús dará servizo ós veciños os luns e os venres. En Verín terá duas paradas: na estación de autobuses e nas inmediacións do hospital. O prezo é de 12 euros ida e volta para cada usuario.
Ó concello suporalle un gasto mensual de uns 2.000 euros mensuais.
Santamarina Ferro apuntou que os veciños de A Mezquita teñen que percorrer 50 kms para desplazarse ata o hospital de Verín. Hay moita xente mayor e moita dela ten que utilizar un taxi que lle cobra 55 euros. Xa escomenzou negociacións coa consellería de Sanidade para que no hospital se lle facilite ós veciños deste municipio ser atendidos os días que teñen servizo de autobús.

0 comentarios:

Publicar un comentario