miércoles, 27 de abril de 2011

O BNG DE A MEZQUITA DEIXOU SO NO GOBERNO Ó PSOE CO QUE SIGUE OFICIALMENTE EN COALICIÓN, SEGUNDO O ACTUAL ALCALDE

Gobernar en coalición non é doado. A expresión saiu en ONDA CERO VERIN da boca do actual alcalde de A Mezquita, o socialista José Luis Santamarina Ferro que se presenta de novo como candidato a reelección. Dende inicio da lexislatura estivo gobernando có BNG en coalición, aínda que recoñeceu que últimamente está o PSOE sólo porque ós nacionalistas non se lles vé polo Concello, e abandonaron as suas funcións no goberno municipal.
José Luis Santamarina, recentemente prexubilado como traballador de banca (posto que exerceu en A Mezquita) está orgulloso do seu paso pola alcaldía e quere repetir. Entrou por primeira vez en política nesta lexislatura e recoñeceu en Onda Cero Verín que está enganchado. Agora que ten máis tempo que nestes catro anos para adicarse ó Concello mostrase optimista e quere repetir. E se de algo está orgulloso é do saneamento económico feito no Concello porque nestes anos pagaron facturas que a institución municipal tiña pendentes dende fai tempo, algunha con data de hai dez anos. Pagaron, nesta lexislatura, facturas por importe de un millón e medio de euros.
En A Mezquita preséntanse para esta eleccións de maio catros partidos políticos: PSOE, BNG, PP e os independentes Mezquit.a que forman persoas descontentas cós populares polo que Santamarina ve difícil que en A Mezquita algún partido acade a maioría absoluta. Él aspira a ser a formación máis votada.
A relación cós veciños é un dós apartados máis destacados polo candidato socialista de A Mezquita. sostén que a política ofrece grandes satisfaccións persoais pero tamén sacrificios familiares. Él leva catro anos sin irse de vacacións coa familia por mor da política (este ano ten previsto adicarlle uns días ós seus). Pero tamén hai sinsabores como por exemplo aquela persoa coa que antes de entrar en política tiña boa relación e que por encabezar a lista do PSOE se voltou fría con él.

0 comentarios:

Publicar un comentario