jueves, 12 de mayo de 2011

MENDEZ ROMEO DI QUE Ó PP NON LLE INTERESA A EUROCIDADE

O deputado e exconselleiro do PSOE, Jose Luis Méndez Romeo, estuvo onte en Verín nun acto convocado polo PSOE para falar da eurocidade Verín-Chaves e do comercio.
Méndez Romeo estivo como presidente da eurocidade no goberno socialista cando era conselleiro de Presidencia. Cuestión que resaltou en Verín ó tempo que criticou ó goberno do PP porque, dixo que non ten interese e non fixo nada por este proxecto da Eurocidade que él tildou como ambicioso. Lembrou que o proxecto foi elaborado no goberno socialista. Apostou pola eurocidade como unha fonte para crear riqueza que non foi aproveitada polos populares, nin cumpliu os obxetivos de facer de Verín un polo de atracción para as industrias e o movemento comercial.

Dixo tamén que as actuacións fundamentais referentes ó investimento empresarial, o desenvolvemento económico, o sector de servizos están paralizadas.. e matizou que nada se fixo sobre o proxecto da cidade da auga, a posta en valor do espacio turístico nen sobre a creación dunha plataforma do espacio loxístico do polígono de Tamagos....porque estos son os eixos deste proxecto europeo.
Segundo Mendez Romeo o actual goberno popular, en materia de eurocidade so fixo trámites burocráticos e administrativos, pero non se creou o espacio económico, nen se puxo en valor, nin se fixo competitivo que era o apartado fundamental

0 comentarios:

Publicar un comentario