miércoles, 25 de mayo de 2011

SANTAMARINA FERRO PODERÍA RENUNCIAR A ACTA DE CONCELLEIRO DO PSOE EN A MEZQUITA DEBIDO OS RESULTADOS ELECTORAIS

O que foi alcalde de A Mezquita nesta lexislatura e candidato de novo polo PSOE, José Luis santamarina Ferro, está pensando en abandonar a política municipal despois dos resultados das eleccións do domingo que deixan a esta formación con 2 ediles.
Santamarina Ferro plantexou a sua proposta ante os responsables do partido e está agardando unha resposta. Di que está a disposición do partido e se os xefes din que siga, tentará seguir; do contrario renunciará a ser concelleiro da opocisión nesta lexisltura en A Mezquita.De quedar, asegurou en Onda cero Verín que non pactará coa candidatura Independente para gobernar en coalición, xa que ningunha das 4 forzas políticas presentadas os comicios municipais, obtivo maioría.
Santamarina Ferro foi alcalde nesta lexislatura en coalición co BNG; unión que non rematou como escomenzou. Agardaba outros resultados máis favorables ó PSOE despois de 4 anos de goberno pero non foi así, de ahí que esté pensando en abandonar

0 comentarios:

Publicar un comentario