jueves, 26 de mayo de 2011

JIMENEZ DI QUE OS 2 DEPUTADOS DO PP FORON CONSEGUIDOS GRACIAS A VERIN, O ALCALDE DE LAZA NON ESTÁ DE ACORDO

O que será alcalde de Laza na nova lexislatura, o popular José Ramón Barreal, Moncho, discrepa có alcalde en funcións de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán sobre quén axudou a que a os populares gañaran un escaño máis na Deputación, pola comarca de Verín, e perdera ese deputado o PSOE. Jiménez atribuiu este logro ós votos recibidos pola sua candidatura.
Nun momento de reflexión Barreal apuntou que en Concellos coma o de Laza o PSOE non terá representación municipal, mentras o PP subiu uns 80 votos polo que pide unha reflexión máis profunda.
Jiménez Morán dixo o luns en ONDA CERO VERIN, que ó subir o PP de Verín 500 votos, conseguiu que os populares obtiveran 2 deputados por esta comarca, ata agora so tiñan un.
O alcalde en funcións de Lazal non comparte a teoría do rexedor tamén do PP en Verín e sostén que esta situación se dá polos resultados comarcais e non só polo resultados de Verín. Apuntou que o segundo deputado conseguírono polos concelleiros que perdeu o PSOE na comarca e matizou que en Verín o PSOE mantén os mesmos ediles que na pasada lexislatura.
Barreal reclama máis espíritu comarcal.

0 comentarios:

Publicar un comentario