martes, 24 de mayo de 2011

JIMENEZ LÉMBRALLE A FAMILIA BALTAR QUE OS VOTOS DE VERIN PERMITIRONLLE Ó PP TER 2 DEPUTADOS. ANTES TIÑAN 1

Os votos obtidos polo PP no partido xudicial de Verín permitiralle a este partido ter os 2 deputados cós que conta nesta comarca. O candidato de Verín Juan Manuel Jiménez non descarta pedir que un de esos deputados sexa de Verín. Él non se presentará pero como vai rebaixar unha dedicación exclusiva podería solicitar ese escaño para un dós seus. Hai que ter en conta que Jiménez foi rival do actual responsable provincial do PP, José Manuel Baltar, cando os dous se presentaron como candidatos á presidencia, o que lle costou ó verinense romper a estreita relación que tiña coa familia Baltar. Có presidente, José Manuel Baltar, Jiménez ten os contactos mínimos: os propios que esixe a función política pero có seu pai (o presidente da Deputación) esa línea directa que había, pechouse.
Os votos da candidatura do popular Jiménez (4.139 apoios) que supuxeron 549 votos máis que na anterior lexislatura, fixeron posible que o Partido Popular conseguira os dous deputados cós que conta o partido xudicial de Verín.
Juan Manuel Jiménez matizou en Onda Cero Verín que a Deputación incrementou o seu número de escaños gracias os votos de Verín. Unha forma de demostrarlle a familia Baltar a importancia que ten este municipio e a sua candidatura.
Nesta lexislatura que remata en Verín había 2 dedicacións exclusivas: Paloma Esteban e Victor Baladrón. Para cumplir o mandado polo presidente popular galego, Verín reducirá nun 50% as dedicacións, así que quedará só con salario do Concello Victor Baladron. Paloma Esteban figura no número 10 da lista (o concelleiro que subiu nesta ocasión Verin). Jiménez non descartou que un concelleiro dos seus sexa proposto como deputato provincial, aínda que matizou que é un tema que terán que falar porque a él di que lle gusta ter equipo e repartir.
Jiménez Morán recalcou que nunca foi deputado porque nunca se propuxo como tal. Ata o ano 95 no partido xudicial de Verín había un pacto verbal polo que o cabeza de lista do concello de Verín sempre sería deputado e o outro sería elexido en toda a zona de influencia. Este pacto cumpliuse ata o ano 1995, daquela cando Jiménez Morán entrou como rexedor propuxo desfacer este acordo e así foi. Eso sí nas últimas eleccións Jiménez propuso ir na lista como suplente. Haberá que agardar a ver qué lle propón nesta ocasión os populares en xeral e a familia Baltar en concreto.

0 comentarios:

Publicar un comentario