lunes, 23 de mayo de 2011

A MONTESINOS NON LLE IMPORTARÍA GOBERNAR EN MINORÍA, CON PACTOS PUNTUALES Á HORA DE APROBAR TEMAS DO CONCELLO

O BNG non descarta un posible pacto de goberno en A Mezquita có grupo Independente.
O número un dós independentes de A Mezquita, Fco José Montesinos, será con toda probabilidade o novo alcalde de A Mezquita (de momento en minoría) aínda que está aberto a escoitar ó resto de candidatos que se presentaron as eleccións deste municipio para artellar unha fórmula de goberno. Os independentes de A Mezquita, liderados polo que fora alcalde do PP e concelleiro desta formación política na oposición nesta lexislatura, foron os que máis votos acadaron dós veciños de A Mezquita. Estiveron ás portas de poder gobernar en maioría senón fora polos 12 votos que lle faltaron...
Fco José Montesinos está pletórico. . Non se descarta mesmo un goberno en minoría con pactos puntuais á hora de abordar temas de interese para o municipio. E se hai pacto firme, Fco José Montesinos esixirá ser alcalde. Só lle fai falta un voto. O resto de grupos (PP;PSOE,BNG) xuntos teñen maioría pero sería un goberno tripartito e é pouco probable a sua unión. Nada se descarta en política. Montesinos podería gobernar có apoio do BNG que ten dous concelleiros (suficientes para dirixir o concello en maioría). Precisamente dende o BNG, o responsable comarcal Óscar Núñez, non ve a priori esta posibilidade como improbable. E atémonos as suas manifestacións en Onda Cero Verín. Dixo que hai que sentarse e buscar o mellor beneficio para os veciños.

Dada a mala relación que hai entre o presidente provincial do PP e o número 1 dós Independentes, todo indica que non haberá en principio unha conversa en breve entre Baltar e Montesinos, pero con toda probabilidade dende a cúpula galega do PP tratarán de salvar estas diferencias e sí haberá conversas...outra cousa é que saía todo á luz pública.
Tampouco os socialistas descartan nada. En canto ós populares, durante a campaña dixeron que cós Independentes non habería relación de goberno. Tempo ó tempo.
A Mezquita é o concello desta parte da provincia onde hai duda sobre qué pasará no goberno municipal, ainda que todo indica que Fco José Montesinos será de novo alcalde...neste caso como Independente con un grupo de recente creación que por certo leva o nome do municipio Mezquit.a

0 comentarios:

Publicar un comentario