lunes, 23 de mayo de 2011

JOSÉ LUIS PEREZ GARCIA DI QUE SE MARCHARÁ DA ALCALDÍA COA CABEZA MOI ALTA

O candidato socialista de Vilardevós, e alcalde en funcións, José Luis Pérez García, pasará ó grupo da oposición. Deixará a alcaldía pero dí que o fai coa cabeza moi alta. Recoñece que hai actuacións por facer (nunca está todo feito) e sostén que Vilardevós ten un retraso de varios anos motivado non pola falta de traballo do grupo que estuvo gobernando senón por falta de apoios de administracións en determinados momentos. Apoios que foron cegando (algúns) paulatinamente. Está satisfeito de actuacións como a mellora de estradas como a de Verín a Vilardevós e a segunda parte feita nesta lexislatura ata Salto do Cabalo, e tamén se marcha tranquilo polo feito de ter rematado o plan xeral. FALOU EN ONDA CERO VERIN e está tamén nos informativos locais desta emisora.
Os resultados electorais que por nove votos de diferencia fixeron que Pérez García perdera a alcaldía levan a este socialista a pensar no seu futuro en política. E ainda que xa lle andaba rondando pola cabeza a necesidade de buscar un relevo, agora reflexiona con máis intensidade. Un relevo que antes das eleccións pensou, de ahí que mirara directamente á número 2 da lista como posible sucesora no seu momento. Agora sigue ollando pero con máis firmeza. Non será de inmediato, pero Pérez García pediralle ós compañeiros de partido que se metan de cheo para preparar ó seu sucesor, coa mirada posta tamén en futuros comicios municipais coa esperanza de que o PSOE volte un día ó goberno do concello de Vilardevós.

0 comentarios:

Publicar un comentario