domingo, 22 de mayo de 2011

AS ELECCIONS MUNICIPAIS DEIXAN NOVO ALCALDE EN VILARDEVÓS, DO PP. TAMÉN HABERÁ CAMBIOS EN A MEZQUITA. AQUI NON HOUBO MAIORÍA

Vilardevós cambiará de alcalde e de partido político no goberno municipal. O PP gañou a alcaldía deste Concello despois de décadas gobernando o PSOE. Manuel Cardoso será o novo alcalde de Vilardevós. A diferencia de votos foi moi reducida (so 9 votos) pero suficiente para que os populares gobernen en solitario, con maioría absoluta. O BNG quédase sen representación municipal. Cardoso está ilusionado e tratando de dixerir a noticia de que será o novo alcalde de Vilardevós. Contouno en directo en ONDA CERO VERIN

Tamén haberá cambios na alcaldía de A Mezquita. Non houbo maiorías, pero sí houbo un grupo que foi o máis votado con diferencia: é o grupo independente de Fco José Montesinos que fora alcalde do PP e recentemente foi rexeitado para encabezar a lista do PP polo presidente provincial, por elo formou un grupo independente Mezquiteses Agrupados e por elo foi expulsado do Partido Popular. O PP en A Mezquita pasou de ter 4 concelleiros a gañar so un concelleiro nas eleccións deste domingo.
O partido do expopular Fco José Montesinos conseguiu 4 concelleiros e o PP só 1. Socialistas e nacionalistas gobernaron esta lexislatura en coalición pero non remataron en boa compañía. Os socialistas acadaron 2 concelleiros e os nacionalistas outros dous.
Fco José Montesinos é o que obtivo máis concelleiros pero insuficientes para gobernar con maioría. El dí que lle faltaron só 12 votos. Ó non conseguilos ou goberna en minoría ou terá que haber pactos. Nacionalistas, socialistas e populares xuntos acadan a maioría: dous partidos da esquerda e un da dereita...coalición pouco probable.
Fco José Montesinos agarda que algún destos grupos se ofreza para gobernar con él. Síntese orgulloso de gañar pero sobre todo de demostrarlle ó presidente do PP en Ourense que se equivocou ó rexeitar que fora él o cabeza de lista do PP en A Mezquita. CONTOUNO EN ONDA CERO VERIN, NO ESPECIAL ELECCIÓNS

No resto da comarca non haberá cambios. Eso sí hai partidos que gañan concelleiros e outros perden. Pero seguirán as mesmas caras como alcaldes. É o caso do alcalde de Verín que sube un concelleiro, aínda que agardaba subir 2. Di que lle faltaron moi poucos votos. Quen sí subiu foi o BNG con 3 concelleiros (un máis que ata agora) e o PSOE mantén os 4 concelleiros dás últimas lexislaturas.

Oimbra aumentou a sua poboación e pasou de ter 9 concelleiros a 11. Os dous de diferencia foron para o PP que seguirá gobernando con Alfonso Villarino á fronte. O PP acadou 8 ediles. O PSOE mantén 2 e o BNG 1.
A grandes rasgos no sureste ourensán o PP gañou en todos os concellos nos que gobernaba e conseguiu un máis: o de Vilardevós.
Pola sua parte o PSOE pasará de ter alcaldes en tres concellos :Castrelo, Vilardevós e Mezquita a gobernar só en Castrelo do Val con Vicente Gómez (e por maioría). O PSOE tamén perdeu en Laza que non terá representación na corporación, por primeira vez. Foi onde máis perdida de votos tivo o PSOE: en Laza. No resto de concellos estará na corporación en todos os concellos aínda que na oposición. En A Mezquita os socialistas perderon un concelleiro. Pasoulle o mesmo en O Riós, onde pasaron de 3 a 2 ediles. So gañaron concelleiros en A gudiña: un edil. O PSOE pasou de 2 a 3 concelleiros.
O BNG gañou un escaño no concello de Verín e outro en Laza. Conseguiu 3 ediles en cada un destes concellos. Pasando de dous a 3.
Os nacionalistas non terán representación no Concello de Riós, nin en Vilardevós, nin en Castrelo do Val. Nestes dous concellos perderon os ediles que tiñan. Os nacionalistas perderon concelleiros en Gudiña, onde obtiveron so un edil (tiñan 2). Tamén en Monterrei perderon un concelleiro (terán 1 edil). No resto de concellos manteñen os escaños que tiñan.

Outro dos lugares nos que haberá cambio de cor política no Concello será en Rairiz de Veiga. Pero será o mesmo alcalde. O que fora rexedor nacionalista, Xaquin Rodríguez seguirá como alcalde pero agora polo PP. Aquí o PP pasou de ter un concelleiro a ter 6, e os nacionalistas pasaron de ter 6 ediles a un só concelleiro.

En Xinzo de Limia a pesares de presentarse 7 candidaturas, o PP seguirá gozando de mayoría absoluta, con Antonio Pérez á fronte

0 comentarios:

Publicar un comentario