jueves, 12 de mayo de 2011

MONCHO BARREAL QUERE UNHA GASOLINEIRA EN LAZA PARA AFORRARLE ÓS VECIÑOS 40 KMS

Crear emprego en Laza sin pensar en grandes empresas, esa é unha dás teorías do candidato a alcalde do PP, José Ramón Barreal, Moncho. E é un dós motores que estará en activo nos vindeiros anos se continúa na alcaldía o Partido Popular, segundo o compromiso de Barreal.
Os veciños de idade avanzada, os xóvenes e os nenos centran parte do proxecto de actuacións programado pola candidatura popular deste municipio con propostas como a implantación dunha gasolineira municipal en Laza. Moncho basa a sua proposta en que hai unha necesidade constante de carburante en Laza e para repostar, os veciños teñen que percorrer 40 kilométros para ir ata Verín e voltar ó seu pobo.
9’20
O alcaldable pensa tamén directamente no monte como unha vía para crear emprego porque Barreal é dós que está convencido de que o rural ten futuro aínda que para elo di que é necesario que os veciños crean nelo.
7’37José Ramón Barreal, Moncho, aposta por explotar o monte porque está abandonado e pode ser unha fonte de riqueza e de postos de traballo. Propón neste senso crear un ente público coas comunidades de montes e xestionar toda a riqueza que pode ser extraida dos 240 kilométros de que dispón o municipio de Laza

0 comentarios:

Publicar un comentario