martes, 26 de abril de 2011

UN ATROPELO MORTAL LEVA Ó CONCELLO DE VERIN A PENSAR EN MEDIDAS DE SEGURIDADE NA TRAVESIA DE LAZA

O alcalde de Verín está analizando as diferentes medidas que se poden executar en travesías da vila para mellorar a seguridade dos veciños. A reflexión ten como base o último accidente mortal rexistrado na estrada de Laza o pasado xoves pola tarde. Un neno de 9 anos foi atropelado na vía urbán e faleceu no acto.
Non so os veciños da zona senón tamén os propios familiares directos do cativo que vivía cós abós, pedirónlle ó rexedor que se adopten medidas de seguridade para que non se repita este tráxico suceso.
Nesta vía é certo que en pouco máis de un kilómetro, (dende o inicio da estrada ata o hospital) hai uns cinco pasos de peóns, un deles perto de onde se rexistrou o atropelo mortal, nembargantes non sempre son respeitados polos conductores de vehículos. Dende o grupo de goberno non descartan retomar a opción de instalar pasos elevados nas diferentes travesías da vila. Hai anos esta opción recibiu as críticas de veciños pero logo do accidente do pasado xoves en Verín, vai ser de novo analizada esta posibilidade ou ben outras medidas que melloren a seguridade viaria.
O alcalde xa contactou con responsables da Xunta e entre os dous organismos analizarán actuacións en pro da seguridade.

0 comentarios:

Publicar un comentario