martes, 12 de abril de 2011

ENRIQUE DIAZ, DE NOVACAIXA GALICIA, IRÁ EN LA LISTA DEL PP EN VERIN

Nesta semán será dada a coñecer a lista coa que o Partido Popular concurre as eleccións municipais de maio en Verín, ainda que a presentación oficial, por todo o alto, terá lugar a finais de mes posiblemente coa presencia de autoridades do goberno da Xunta e cargos do PP a nivel rexional. Enrique Díaz é unha dás apostas fortes do candidato Juan Manuel Jiménez Morán. Estuvo durante boa parte da sua vida vencellado ó mundo da banca e nos últimos anos exerceu como director de zona de Caixanova, hoxe NovacaixaGalicia. O número 1 do PP en Verín, Juan Manuel Jiménez, calificou en Onda Cero Verín a Enrique Díaz como gran persoa, gran profesional e persoa moi interesante para ir na lista do PP. Na presentación oficial da candidatura do Partido Popular en Verín tamén darán a coñecer as propostas desta formación política para a vindeira lexislatura. Dixo Jiménez que, a pesares da situación de crisis que se vive, hai propostas novas e é necesario dar esperanza á xente. Ademáis, segundo matizou, os vindeiros catros anos serán os máis importantes dós últimos 50 anos para Verín.

0 comentarios:

Publicar un comentario