martes, 26 de abril de 2011

O PP DE VILARDEVÓS DI QUE O ALCALDE UTILIZA A UN TRABALLADOR DO CONCELLO COMO CHOFER

O número 1 do PP en Vilardevós, acusou o actual alcalde de utilizar a un traballador do Concello como chófer e un uso esaxerado do coche de Protección Civil.

Según o popular Manuel Cardoso, o alcalde (o socialista José Luis Pérez García) debería usar outros medios para desplazarse, aínda que sexa para atender temas do concello porque, segundo o candidato do PP, cada vez que ten que sair da institución local vai acompañado por un traballador municipal e o coche de protección civil, un vehículo que segundo Cardoso, últimamente vese na rúa con maior intensidade que ó longo da lexislatura.
O número 1 do PP de Vilardevós pide que cada quen cumpla coas suas funcións e que ós traballadorese municipais non se lle asignen funcións coma as de chóferes do rexedor

0 comentarios:

Publicar un comentario