Unha dás máis vellas reivindicacións de veciños verinenses verase por fin feita realidade: o cambio de ubicación da subestación eléctrica situada na avenida de Portugal. Unha petición feita non só por veciños senón tamén pola comunidade educativa dada a proximidade de centros educativos e o temor a posibles problemas que poidera orixinar para a saúde das persoas e estudantes. O alcalde, Juan Manuel Jiménez, acaba de asinar un convenio có conselleiro de Industria e có delegado xeral en Galicia de Gas Natural-Unión Fenosa que permitirá o traslado da subestación dende o casco urbán ó Polígono de Pazos, a unha parcela de inminente ampliación, segundo o alcalde. En canto a compañía eléctrica dispoña oficialmente deste terreo executará as obras no plazo de 18 meses e entrará a funcionar na sua nova ubicación.
Esta é a nota de prensa feita pública polo Concello.
http://www.box.net/shared/f7h08abqbl
Esta é a nota de prensa feita pública polo Concello.
http://www.box.net/shared/f7h08abqbl
0 comentarios:
Publicar un comentario