viernes, 18 de marzo de 2011

EMBARAZADAS E ESTUDANTES DE ENFERMEIRÍA: EIXOS DO CONVENIO SANITARIO TRANSFRONTEIRIZO QUE INCLUYE SERVIZO DE URXENCIAS EN CASOS EXTREMOS

A nivel sanitario Verín e Chaves, en Portugal, compartirán servizos. Hai tres eixos básicos: así os veciños de un lado e outro da desaparecida fronteira poderán ter transporte e atención sanitaria en casos urxentes por medio do 061 e por exemplo se se produce un accidente con múltiples víctimas en calqueira dos concellos limítirofes entre Galicia e o norte de Portugal. En segundo termo no hospital de Verín serán atendidas as mulleres embarazadas durante a xestación e o parto. E o terceiro punto abrangue ó persoal que hoxe se forma na Escola de Enfermeiría de Chaves que completará a sua formación no hospital de Verín. Estos son os tres puntos esenciais dun proxecto transfronteirizo dó que hoxe se puxo a primeira pedra oficial nunha reunión entre a Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, e o Secretario de Saúde en Portugal, Manuel Pizarro.
O convenio de colaboración transfronteiriza entre Galicia e o norte de Portugal, está enmarcado no Acordo Marco que hai dende fai tempo entre o goberno de España e Portugal, de ahí que dende a Consellería garanticen a sua legalidade, algo que cuestionou nos últimos días o partido socialista.
Hoxe deuse o primeiro paso para establecer os criterios de colaboración entre os dous gobernos que buscan unha mellora da asistencia sanitaria nesta zona fronteiriza. A conselleira non entreu en detalles sobre si habrá máis medios humáns e materiais para por en marcha este novo servizo

0 comentarios:

Publicar un comentario