jueves, 24 de marzo de 2011

APARECE MORTA NO INTERIOR DO COCHE UNHA VECIÑA DE VILARDEVÓS, LOGO DE SUFRIR UN ACCIDENTE E DESPEÑARSE POLO MONTE 150 METROS

Unha veciña de Vilardevós foi atopada morta esta mañá a consecuencia dun accidente de tráfico que todo indica tivo lugar xa na pasada semana, pero ninguén se percatara da ausencia desta muller que vivía sola, nin da presencia do coche no fondo dun monte, a uns 150 metros da estrada que une Verin con Vilardevos nas inmediacións da localidade de A Bemposta.
A falecida, Dominga Colmenero, de uns 55 anos, ten familiares no municipio pero ela era totalmente independente e viaxaba con frecuencia polo que era habitual que pasara días fora da casa. Pero ós familiares máis próximos chamoulles a atención que levara días sin contactar con eles, chámarona varias veces por teléfono pero non respostou, así que escomenzaron a sospeitar que algo poidera ocorrerlle. Pasaron os días e a preocupación foi medrando...escomenzaron a facer averiguacións e comprobaron que mesmo non acudira a unha cita médica que tiña no hospital de Verín a pasada semana, así que optaron por denunciar a desaparición na xornada de onte e escomenzaron a sua búsqueda que culminou esta mañá. Ó parecer foi un familiar o que se percatou de que no fondo do monte que hai ó carón da estrada OU 310 en A Bemposta había un coche. Pronto se deu conta que era o da persoa que buscaban e efectivamente a 150 metros estaba o vehículo coa muller dentro falecida. Polo estado no que se atopa o corpo sen vida todo indica que leva varios días alí. A autopsia determinará as causas do falecemento. A noticia causou gran conmoción no municipio de Vilardevós

0 comentarios:

Publicar un comentario