viernes, 25 de marzo de 2011

O XEFE DE TRÁFICO EN VERIN, NORBERTO GONZÁLEZ, RECIBE A MEDALLA Ó MERITO DA SEGURIDADE VIAL

No sureste ourensán, nos últimos anos, descenderon os accidentes de tráfico cáseque un 36 por cento na área de actuación do destacamento de tráfico verinense. O incremento da seguridade vial e a reducción no número de siniestros foi un dós motivos polos que a Dirección Xeral de Tráfico decidiu entregarlle a medalla ó mérito da seguridade vial o xefe do destacamento de tráfico en Verín, Norberto González Trigo. O descenso na siniestralidade nesta parte da provincia foi destacado polo capitan do subsector de tráfico, Oscar Graña
O acto de condecoración tivo lugar esta mañá nas novas dependencias de tráfico en Verín, recentemente estreadas.
Emocionado, moi emocionado mostrouse hoxe o alferez, xefe do destacamento da garda civil de tráfico de Verín ó recibir esta medalla, categoría bronce con distintivo azul. Dixo que é un recoñecemento ó traballo de todo o equipo. Así se expresaba coa voz entrecortada.

Leva 3 anos en Verín e có seu ascenso inminente a Tenente posiblemente sexa trasladado a outro lugar.
O marxe da condecoración decir que coa posta en funcionamento das novas dependencias de tráfico en Verín vanse a facer modificación na N-525 ó caron deste edificio para facilitar a entrada e salida dos vehículos. A obra xa foi adxudicada a principios desta semana, segundo afirmou o xefe proncial de tráfico, Davil Llorente.

0 comentarios:

Publicar un comentario