miércoles, 23 de febrero de 2011

ESCOMENZA O ENTROIDO EN VERIN: XOVES DE COMPADRES

Mañá xoves, 24 de febreiro, escomenza o Entroido en Verín coa celebración do Xoves de Compadres. Os homes están preparados para sair a cear pola noite e as 12 participarán na procesión do Carro do Meco que os levará ata a Praza García Barbón onde terá lugar primeiro o Xuizo do Maragato e despois, como é tradicional, a sua Queima porque o maragato sempre sae condenado e se non hai quen o salve este ano, a sua queima está garantida. Haberá música da Charanga Támega, da Banda de Gaitas do Concello de Verín e mesmo da disco móbil de Jorge. Non faltarán os petardos....Viva o Entroido

0 comentarios:

Publicar un comentario