miércoles, 23 de febrero de 2011

MEMORIA DO ENTROIDO NA CASA DO ESCUDO

Fai un alto no camiño e detente na Casa do Escudo de Verín. Alí atoparás a mostra Memoria do Entroido: unha colección de unhas cen fotos do Entroido na comarca de Monterrei e Conso-Frieiras, recopiladas por estudantes das duas comarcas. Algunha data de finais do século XIX, así que ten historia. Pódense facer diferentes reflexións, entre elas a evolución desta festa. Haberá tamén fotos expostas nos centros e en bares de Verín, Castrelo do Val e Viana, durante o Entroido.

0 comentarios:

Publicar un comentario