domingo, 27 de febrero de 2011

DOMINGO CORREDOIRO: CIGARRÓNS, DISFRACES E FESTA

Verín disfrutou onte có domingo corredoiro. Moitos Cigarróns na rúa déronlle o sáudo dominical a todos aqueles que acudiron a misa de 12 e 12.30 nas Igrexas Parroquial e Merced. Tamén fixeron soar as suas chocas polas rúas de Verín, dende a Praza do Concello ata a Praza Maior, pasando por diferentes zonas do casco vello. Cigarróns de todas as idades. Tamén se viron os primeiros disfraces. A festa non fixo máis que escomenzar. Queda mércores precomadres, xoves de comadres, venres de Compadreo, sábado, domingo, luns, martes.....de ENTROIDO. En Onda Cero haberá programas especiais de ENTROIDO que se emitirán por todas as emisoras desta Casa na provincia. O mércores tócalle a Verín, o xoves a Xinzo....pero tamén haberá programas adicados a Laza, Viana, Sarreaus.....Bo Entroido

0 comentarios:

Publicar un comentario