miércoles, 2 de marzo de 2011

ARRANCA EN ONDA CERO O ENTROIDO

En Onda Cero arranca hoxe o ENTROIDO. Queremos coñecer detalles desta festa, así que en Onda Cero imos desplazarnos por diferentes lugares para introducirnos nesta celebración e contarlles a vostedes qué teñen preparado en cada localidade. Hoxe estamos en Verín, mañá en Xinzo pero tamén falaremos de outros entroidos estos días coma o de Laza, o de Viana, o de Sarreus, o da capital ourensán, tamén haberá un oco para o Entroido do ribeiro, de O Carballiño, para esta festa en Valdeorras e por suposto en Vilariño de Conso. Así que prepárense porque a festa non fixo máis que escomenzar e temos por diante seis días completos de bo Entroido dó que falaremos en Onda Cero para todas as emisoras da provincia de Ourense. Dende as 12'35

En Verín escomenzamos hoxe có mércores percomadres. Se preguntamos qué reflexa este día, seguro que alguén nos dí: as 3 M. Musa, mesa e música.
Mañá é Xoves de Comadres: a base son os nenos pola mañá con miles desfilando polas rúas de Verín,; a mulleres pola noitiña: porque son as raiñas; a don Carnal que chegará ás 12 da noite con homes, mulleres, nenos e mayores...todos na rúa.
O Venres é compadreo: é un día que nos sabe a amizade, mascariñas...compadreo en definitiva.
O Sábado, destaca o bautizo de novos Cigarróns e troula, festa...sen parar.
O Domingo: resalta o sentido da vista polo colorido do desfile a mediodía e a impresionante imaxe que contemplamos ó ver a centos de Cigarróns desfilando polas rúas de Verín: é un momento ESPECTACULAR.
O Luns: recende a fariña e a nenos porque volta a ser o seu día.
E o Martes...é para aproveitar cada segundo antes de que remate o entroido que non o fará ata ben entrada dona Cuaresma, ó mércores de Cinza que (despois de tanta festa) será xornada festiva en Verín.

0 comentarios:

Publicar un comentario