martes, 22 de junio de 2010

ACCIDENTE EN A-52: MONTERREY

O conductor dun camión tivo que ser excarcelado hoxe en Monterrey, logo de sufrir un accidente na autovía Rías Baixas. O camión caiu por un terraplén duns 50 metros no kilómetro 169 da A-52, dirección Ourense. Posiblemente as causas pudieran estar no reventón dunha roda do camión que provocou que saltara a mediana da autovía e caira polo terraplén. Ocurriu a primeira hora da tarde.Foron outros conductores que viaxaban a esa hora tamén pola autovía os que alertaron ós servizos de emerxencias a través do 112. Cando se percataron do suceso houbo persoas que tentaron chegar ata onde estaba o camión para axudar ó conductor que quedou atrapado no interior do vehículo. O chofer tamén tentou, sin conseguilo, sair do camión polo seu propio pero non lle foi posible. Foi necesaria a sua escarcelación. Participaron os bombeiros de Verín, e os servizos de urxencias que trasladaron o ferido ata o hospital de Verín onde está sendo atendido das lesións.

1 comentarios:

profestic dijo...

Non todo ían ser malas noticias. No blog de TICs damos conta do teu BLOG -o blog de Onda Cero Verín-
Saúdos.
http://profestic2009.blogspot.com/2010/06/creamos-un-blog-para-onda-cero-de-verin.html

Publicar un comentario