miércoles, 23 de junio de 2010

GANDEIRA VIANA PREMIADA

As ovellas son a fonte de ingresos dunha familia de Viana do Bolo. A granxa ecolóxica está capitaneada por unha muller, Nieves Fernández que onte recibiu da ministra de Medio Rural a medalla ó Mérito Agrario. Está feliz e ofrece grandes mostras de optimismo. Nunca pensou que por ser gandeira recibiría un premio e aínda que recoñece que corren tempos difíciles ela vai seguir neste sector e anima a todos os que teñan posibilidades que aposten polo rural.
Nieves Fernández empezou con 18 ovellas da sua aboa, logo de voltar de Madrid a onde marchou para tentar gañarse a vida pero voltou ó seu pobo Quintela do Pando. O número foi aumentando e hoxe ten unha explotación ovina ecolóxica con máis de 400 ovellas; a metade pertencen a raza galega en perigo de extinción. Os animais e o traballo de Nieves e o seu marido permítenlle vivir dignamente a esta familia. Os seus fillos tamén colaboran no traballo pero eles optaron por outros traballos.
Nieves sostén que non fixo nada especial para recibir o premio ó mérito agrario pero está orgullosa; orgullosa do premio, do seu pobo e da sua gandeiría. 2’00
Económicamente esta gandeira dí que a explotación lles dá para vivir pero non se gaña tanto como antes porque os gastos son moitos nembargantes os ingresos non aumentan na mesma proporción. Como exemplo indicou que hoxe un cordeiro se vende o mesmo prezo que hai 10 anos. 5’14
Esta gandeira de Viana anima a apostar polo rural e polas explotacións de ovino porque ademáis dos beneficios que poden aportar ós seus titulares tamén significan un beneficio para o medio ambiente porque a ovella é , segundo afirmou Nieves Fernández. 8’46
Pero Nieves non só é gandeira senón que tamén pode presumir de artesán. Ó tempo que cuida do seu rebaño no monte aproveita cada pedazo de madeira que atopa no camiño para transformalo nunha peza. Ten un museo persoal con máis de 700 pezas no que se poden atopar dende figuras relixiosas, un axedrez e mesmo xoguetes. Precisamente foi cós xoguetes como escomezou porque daquela tiña os fillos moi cativos e carecía de medios para mercarlle xoguetes, así que decidiu facerllos ela coas suas mans, unha navalla e un anaco de madeira. Hoxe é unha auténtica artesán.
2’50
Ccalqueira pau lle sirve, pero aproveita moi cando podan as árbores para facerse con anacos de madeira que logo convertirá en figura) 319

Esta gandeira de Viana seguirá no seu pobo coa sua explotación, agora máis animada polo premio que acaba de recibir.

0 comentarios:

Publicar un comentario