martes, 22 de junio de 2010

ABEDES ALEGACION COLECTIVA

Un grupo de veciños de Ábedes rexistrou esta mañá no Concello un escrito de alegación colectiva para que sexa eliminado do plan xeral de ordenación municipal o vial contemplado para facer en Verín unha circunvalación.
Os vecinos de Ábedes entenden que este municipio, hoxe por hoxe, non precisa este vial porque non vai a suponer beneficio no tráfico rodado xa que a masificacición de vehículos que pode haber en horas determinadas no centro de Verín está motivado polos servizos que buscan os vecinos e que están precisamente no centro da vila.
Os vecinos do pobo tamén se queixan de que no documento do plan xeral hai moi pouco solo edificable, polo que piden que o unha porcentaxe do solo de protección agraria sexa calificado como núcelo rural de expansión
A alegación colectiva presentada hoxe no concello está avalada por máis de 300 sinaturas veciñais. Pero ademáis está prevista a presentación de un importante número de alegacións individuais.
O día 5 de xullo remata o plazo para presentar alegaciónsl. Ata o de agora o número non é elevado pero agárdase que no que queda de plazo se presenten moitas máis alegacións ó plan. Na anterior ocasión presentaranse 700 alegacións veciñais.
Pasado o 5 de xullo, o equipo redactor terá que analizar cada unha dás alegacións e trasladar ó documento do plan xeral todas aquelas que considere viables. Os promotores daquelas alegacións que non sexan aceptadas recibirán un escrito coa pertinente explicación, segundo fontes urbanísticas.

De Ábedes precisamente partirá unha manifestación o venres para deixar patente o malestar da poboación có documento do plan xeral. Os residentes en Ábedes confían en ter un apoio masivo de toda a poboación para que o documento do plan xeral beneficie e non perxudique.

0 comentarios:

Publicar un comentario