viernes, 18 de noviembre de 2011

NOVA PROTESTA POR PARTE DE EXPROPIADOS PARA CONSTRUIR A AUTOVÍA A-75 PORQUE AINDA NON COBRARON, CATRO ANOS DESPOIS

Os veciños de 5 pobos de Verín ós que lles expropiaron as suas fincas para construir a autovía a Portugal voltaron a manifestarse hoxe tal e como habían anunciado. Fíxerono ante a Casa do Concello para que o alcalde e o grupo de goberno teñan constancia de que hai uns veciños con problemas creados porque Fomento non lles pagou o diñeiro que lles debe polas expropiacións, uns 4 millóns de euros. Con este acto pacífico reclamaron tamén o apoio da institución local para que medie, dentro das suas posibilidades, ante as autoridades competentes para poder cobrar, catro anos despois.Agora van agardar ata mediados do vindeiro mes. O actual subdelegado do goberno quedou en darlle unha resposta nos vindeiros días, logo de novos trámites de petición feitos dende a subdelegación do goberno ós responsables de Fomento. Se non cobran xa anunciaron que protagonizarán máis actos de protesta.

0 comentarios:

Publicar un comentario