martes, 17 de enero de 2012

SAN ANTON EN ABEDES, MISA, FOGATAS, FESTA, ROMEIROS E GASTRONOMIA

A néboa que non abandonou Verín durante esta mañá impediu ver o fume das diferentes fogatas que dende primeira hora están acesas no monte de San Antón, en Ábedes. Porque hoxe é xornada festiva en Verín, unha festa que sirve para homenaxear ó patrón dos animais, para degustar productos da matanza e para dar o pistoletazo de saída os Cigarróns que dende hoxe se preparan para o Entroido.
A devoción ó san Antón é grande nesta comarca, principalmente entre os veciños de mediana e avanzada idade. Quedou patente un ano máis na misa central que tivo lugar a mediodía, logo dunha procesión que saiu dende a igrexa central de Ábedes ata a capela que no monte de San Antón está enclavada e na que se celebrou a misa na honra ó santo.
Pola tarde serán subastados productos derivados do porco que os veciños aportaron.
Entorno a capela celébrase o apartado festivo con música de charanga e a festa que cada grupo forma. Porque ó típico deste día é que as familias, os amigos en grupo, pandillas....se unan entorno a unha fogata. Máis de un ten o sitio guardado dende onte. A primeira hora da mañá un membro da pandilla accede ó monte para coller sitio e encender a fogata porque a mediodía deben estar as brasas a punto para poder asar os diferentes productos gastronómicos que serán degustados polo grupo no xantar, na merenda e mesmo hai quen queda no monte ata a cea. Hoxe non falta comida nin bebida. Neste último caso tamén é habitual que a inxesta excesiva remate con algún dós asistentes á romería no servizo de urxencias do centro de saude. Pero éstos son os menos. A gran maioría aproveita para disfrutar da gastronomía, do entorno, da calor do lume e da festa que monta cada pandilla no monte.
No apartado gastronómico, antano o típico era que as familias foran o monte de Ábedes para asar e degustar chourizos. Despois fóronse unindo outros derivados do porco coma a costela...hoxe nas fogatas pode verse como os diferentes grupos asan non só productos de porco senón tamén tenreira e mesmo cordeiros ou cabritos. Non faltan tamén empanadas e mesmo hai quen se atreve con unha pota de caldo que pouco a pouco se vai esgotando porque axuda a quentar o corpo ó longo do día.
É unha das festas máis entrañables do ano en Verín e sirve para lembrar que hai outra ás portas: o Entroido.
Hoxe, como marca a tradición, saen á rúa os primeiros cigarróns....será pola noitiña. Farán soar as suas chocas e escomenzarán así a ambientar Verín. dende hoxe os cigarróns entrenarán cada día e sairán polas noites á rúa coas chocas para entrenar de cara a estar en forma física para poder aguantar casi unha semana de Entroido. Unha festa que este ano chegará a mediados do vindeiro mes.

0 comentarios:

Publicar un comentario