lunes, 21 de noviembre de 2011

XERAIS 2011

Na comarca de Monterrei, contando tamén Viana do Bolo, o PP obtivo 755 votos máis que nas pasadas eleccións xerais de 2008; nembargantes o PSOE tivo unha baixada espectacular de 2883 votos. Tamén rexistrou un baixón o BNG con 609 votos menos que no 2008. A formación nacionalista baixou votos en toda a comarca de Monterrey, agás en Viana do Bolo onde subiu 45 votos e en Xinzo de Limia onde aumentou 44 votos.

Onde máis subiu o PP foi en Xinzo de Limia, con 499 votos máis que no 2008. En Verín obitvo 262 votos máis. Pola contra baixou en A Mezquita 78 votos, en Viana do Bolo tamén perdeu 7 votos e en Riós, aínda que só 3 votos.

En canto o PSOE baixou votos en toda a comarca de Monterrey, en Viana do Bolo e mesmo en Xinzo de Limia. O descenso máis profundo foi en Verín onde perdeu 990 votos, comparando coas últimas eleccións xerais; e en Xinzo descendeu 789 votos. Nos concellos de censo máis inferior destaca a pérdida de votos socialista en Vilardevós onde baixou en 358 votos, en viana perdeu 314 votos e en Riós foron 229 os veciños que non votaron os socialistas e sí o fixeran nas anteriores xerais. Esta cifra de descenso foi superada en Monterrey onde o PSOE perdeu 238 votos

0 comentarios:

Publicar un comentario