jueves, 28 de julio de 2011

PLENO PARA APROBAR OS ORZAMENTOS DO 2011, NO CONCELLO DE VERIN

Os concelleiros do PSOE e do BNG en Verín non comparten o documento orzamentario presentado polo grupo de goberno do PP para este exercicio e que aínda foi a pleno hoxe, a pesares de que debería estar aprobado dende antes de escomenzar o ano en curso. Supera os 8.300.000 euros
Eso sí os orzamentos do concello de Verín foron aprobados cós votos do PP que son suficientes pola maioría da que goza o grupo de goberno.
Os nacionalistas votaron en contra e de igual xeito se posicionaron os socialistas. O voceiro Emilio Glez Afonso, considerou o documento dos presupostos como irreal e con unha grande capa de maquillaxe para poder facer cadrar as contas.
Afonso referiuse a un informe de intervención que fala da situación crítica da economía municipal e o voceiro dos socialistas tamén augurou un futuro en bancarrota para as arcas municipais que podería poñer en perigo servizos básicos que se ofrecen dende o concello ós cidadáns.
Emilio Glez Afonso considera que os populares non controlaron os gastos como debían polo que calificou de mala a xestión do grupo de goberno.

0 comentarios:

Publicar un comentario