miércoles, 27 de julio de 2011

CaldeiRada en Laza, este sábado: a festa da auga

En Laza este sábado a auga será protagonista. Será na festa denominada Caldeirada. O preciado líquido correrá ó longo da Aira da Picota, dende mangueiras, ata caldeiros, regadeiras, tinas...todo o que permita albergar auga servirá para recoller este líquido e distribuilo entre todos os que se den cita neste escenario de Laza. A festa que vai xa polo cuarto ano, naceu da iniciativa dun veciño que sin ter intención de que se repetira, escomenzou un día de calor este xogo para disfrutar cós máis cativos. Hoxe á festa únense pequenos e non tan pequenos e se houbera unha fórmula para medir a diversión, a bon seguro que o resultado estaría equilibrado porque a diversión está garantizada e queda patente cada ano. É habitual ver a familias completas vivindo a Caldeirada de Laza.
Os caldeiros con auga escomenzan a prepararse e este sábado pola tarde non faltará a auga nesta festa que escomenzará ás 5 da tarde, ata que o corpo aguante...
Por certo que en Laza hoxe hai uns 400 scouts boys que disfrutan en campamentos de toda a riqueza que ofrece este municipio. Máis de un tentará unirse tamén á festa da Caldeirada de Laza o sábado. Na vindeira semán tamén escomenza o campamento organizado polo Concello de Laza para xóvenes deste municipio

0 comentarios:

Publicar un comentario