jueves, 28 de julio de 2011

REUNIÓN EN VERIN SOBRE O PROXECTO EUROPEO DE EMERXENCIAS 112 ARIEM

Esta é a información ofrecida dende o Parque de Bombeiros de Verín.
¿ QUE É ARIEM 112?: é un proxecto de carácter plurirrexional enmarcado no Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal (POCTEP) 2007-2013, que ten como obxectivo prioritario o establecemento dun mecanismo de colaboración permanente e en tempo real entre os servizos de xestión de emerxencias 112 das zonas implicadas, mediante a implantación de ferramentas comúns (informáticas e de comunicacións), formación técnica e o establecemento de métodos e protocolos de intervención comúns.
En definitiva, trátase de crear un espazo común en materia de xestión de emerxencias onde “todos axuden a todos”
ACCIÓNS PREVISTAS PARA ACADAR O OBXECTIVO DO PROXECTO:
- Análise de métodos e modelos de xestión de emerxencias dos distintos servizos 112 dos socios partícipes.
- Elaboración de protocolos para actuación conxunta dos distintos servizos de emerxencias e de pactos de axuda mútua para a intervención nas áreas implicadas. - Definición de programas para a adquisición de recursos comúns, definición de programas de formación destinados a técnicos de emerxencias dos servizos implicados e realización de simulacros con participación dos cidadáns.
RESULTADOS:
Xestión conxunta dos recursos compartidos ante situacións de risco transfronteirizas, establecendo sistemas comúns de comunicación, mobilización de recursos, de adquisición de medios e formación de axentes actuantes nas emerxencias.
SOCIOS:
- A Comunidade Autónoma de Galicia a través da Axencia Galega de Emerxencias,
- A Comunidade Autónoma de Castela- León a través do 112-Castilla y León da Agencia de Protección Civil y Consumo
- A Comissao de Coordinaçao e Desenvolvimento Regional do Norte de Portugal.
A área xeográfica de intervención comprende: provincias de Ourense e Pontevedra. Provincias de Zamora e León. Comissao de Coordinaçao e Desenvolvimento Regional do Norte de Portugal
CUSTO TOTAL DO PROXECTO:
Custo Total: 400.000,00 €,
Cofinanciado polo FEDER ó 75%
PRAZOS DE EXECUCIÓN:
Inicio dos traballos: maio de 2011
Remate: 31 de decembro de 2012

0 comentarios:

Publicar un comentario