jueves, 21 de julio de 2011

A FEIRA DO VIÑO DE VERIN ADIANTASE UNHA SEMÁN E SO CONTARÁ CO APOIO DA METADE DOS CONCELLOS DA D.O MONTERREI

Cambio de data para a feira do viño de Verín. Pasa a primeira fin de semana de agosto, en vez da segunda como ven sendo habitual. Deste xeito non coincidirá coas festas patronais de Verín na honra a Santa María, aínda que sí coincidirá coa festa do pemento de Oimbra. Por certo este municipio, o de Oimbra, ó igual que o de Monterrey e Castrelo forman parte da denominación de orixen pero nembargantes non colaborarán coa feira do viño. Sí o farán por primeira vez Riós e Vilardevós que se acaban de unir a denominación de Orixen, o permitirse ampliar a extensión deste consello regulador. Tamén colaborará como cada ano, o concello de Verín.
Das máis de 20 adegas que forman esta denominación, participarán 14 nesta nova edición da feira do viño de Verín que tamén cambiará de escenario, aínda que estará moi próximo a onde se viña celebrando. Pasa da Plaza Mayor á Plaza da Estrela en busca de un chisco máis de sombras para evitar as altas temperaturas que en outros anos se teñen rexistrado en pleno mediodía e as primeiras horas da tarde nos stands. A inauguración tamén cambia de hora, pasa do mediodía a última hora da tarde. En principio pensouse en levar as casetas da feira do viño para o entorno do río Támega na zona da alameda pero finalmente descartouse porque resultaba complicada a instalación dos stands nesta zona.O alcalde, Juan Manuel Jiménez, resaltou o incremento que está tendo nesta comara o sector do viño e resaltou unha nova plantación de viñedos que se está a facer no municipio de Vilardevós onde serán destinados a viña 200 novas hectáreas de terreo. Jiménez si se mostrou molesto cós concellos que non colaboran coa feira do viño, tendo en conta que é un sector en auxe na comarca e que está dando emprego e salario a un importante número de veciños de varios pobos e municipios

0 comentarios:

Publicar un comentario