lunes, 18 de julio de 2011

CORTE DE AUGA EN VERIN NA MADRUGADA DO XOVES

Unha mellora no depósito de auga de Verín deixará a esta localidade sen o preciado líquido na noite do mércores para o xoves. Esta previsto que o corte no suministro de auga potable en Verín dure unhas catro horas, dende a unha da madrugada ata as 4.
Os traballos de mellora consitirán na instalación de un aparello que contabilizará a auga de saída do depósito diariamente.
Dende a empresa encargada do servizo de auga de Verín aseguran que tratarán de facer os traballos o máis axiña posible para restablecer o servizo de auga potable rápidamente, en canto rematen as obras. Calculan que o corte durará menos do tempo establecido, aínda que en principio o anuncio da falta de suministro de auga está marcado para as primeiras catro horas da madrugada do xoves. Fan precisamente os traballos pola noite, para evitar maiores problemas ós veciños.
Polo de ágora, no que levamos de verán en Verín non se teñen dado casos de falla de auga, aínda que sí hai pobos onde se nota que a potencia non é a mesma e incluso teñen contabilizados problemas no suministro de auga como son os pobos de Mourazos e Feces de Abaixo.
Dende a empresa e mesmo dende o Concello piden un uso adecuado da auga da rede de abastecemento para que non se rexistren problemas importantes neste servizo

0 comentarios:

Publicar un comentario