jueves, 21 de julio de 2011

A CONFEDERACIÓN UTILIZA CRITERIOS QUE O ALCALDE DE VERIN CONSIDERA ILÓXICOS EN CÁLCULOS HIDRÁULICOS, O QUE AFECTA NEGATIVAMENTE O PLAN XERAL

Novo atranco para o plan xeral de ordenación municipal de Verín, en proceso de elaboración. Dende o concello non compartns as teorías marcadas pola confederación hidrográfica do douro por entender que afecta negativamente a Verín. segundo o alcalde, Juan Manuel Jiménez Morán, o informe da confederación sigue criterios ilóxicos en cálculos hidráulicos e en previsións de inundacións na vila. Marca unha liña 7 veces sperior a actual do cauce público o que impediría actuacións urbanísticas en varias zonas da vila. Nas zonas da Noria e a Perguiza este informe cambiaría o plantexamento inicial do plan xeral.
Dende o grupo de goberno xa deron ordes para que se analice en profundidade e se realicen argumentos xustos para modificar o informe da confederación có obxetivo de evitar a inviabilidade da construcción en numerosos lugares de Verín nos que, de seguir adiante o informe da Confederación, sería imposible actuar urbanísticamente.
O alcalde, Juan Manuel Jiménez, pretende que se faga un estudio lóxico, se analice entre todas as partes e de non haber acordo, non dubidará en acudir a Xustiza.

0 comentarios:

Publicar un comentario