jueves, 9 de junio de 2011

SORPRESA EN RIÓS POLA DETENCION DE UN VECIÑO. ESTÁ EN LIBERDADE CON CARGOS E UNHA ORDE DE ALONXAMENTO DA CASA FAMILIAR POR SUPOSTOS MALOS TRATOS

Un veciñó de Riós foi detido por presuntamente ser autor de un delito de malos tratos, segundo denunciou a sua muller, pero ademáis tamén está acusado de unha agresión sexual a sua fillastra e mesmo de tenencia ilícita de armas. Logo de prestar declaración no Xulgado de Verín quedou en liberdade con cargos

Os veciños de Riós están sorprendidos. Ninguén sospeitaba nada e todos coinciden en sinalar como unha persoa totalmente normal o home de 48 anos detido o pasado martes. O que máis sorprende é sen dúbida o suposto abuso sexual hai varios anos á sua fillastra (é filla da muller deste home, froito de unha anterior relación).
Todo escomenzou cando a muller acudiu ó cuartel da garda civil para denunciar ó seu home por malos tratos físicos, algo que se repetía últimamente moi a miudo. Con ela levaba duas pistolas que segundo contou pertencían o seu marido e tiñaias gardadas na casa. Eso non foi todo, a muller tamen lles contou ós axentes que a sua filla lle confirmara que o seu padrasto abusara sexualmente dela cando tiña oito anos, (hoxe ten 13) e que daquela non dixo nada por medo a que tomara represalias.
O home é veciño de Riós e traballa habitualmente na área de obras do Concello. O propio alcalde é o primeiro sorprendido por esta detención. Fco Armando Veiga agarda que se faga xustiza e se cometeu delito que pague por elo e senón que se resolva esta situación canto antes.

A parella vivía na capital do municipio con un fillo froito deste matrimonio e filla da muller supostamente agredida. Agora o home ten unha orde de alonxamento da familia.

0 comentarios:

Publicar un comentario