jueves, 9 de junio de 2011

UN EMPRESARIO COÑECERÁ O LUNS CALDELIÑAS E O ALCALDE TRATARÁ DE ANIMA-LO PARA QUE REVITALICE O ANTIGUO BALNEARIO

O alcalde de Verín deu a coñecer esta mañá o organigrama do novo goberno municipal que se porá a traballar o luns, logo da constitución da nova corporación o sábado a mediodía.
Cada área estará xestionada por dous concelleiros. Así os ediles de Infraestructuras, medioambiente e serizos xerais será xestionada por Hilario Castro e Jose Ramón Cid. O departamento de Sanidade, consumo e educación estará dirixido por Luisa Valladares e Luisa Salgado. A concellería de Benestar Social será tarefa de Inmaculada Hervella e Paloma Esteban. Da delegación municipal de Cultura, Xuventude , deportes, Festexos, Igualdade e sector primario encargaranse Corona Meixeira e Victor Baladrón. Éste manterá a sua dedicación exclusiva. E por último o alcalde xunto có segundo da lista Enrique Díaz estarán á fronte de Promoción económica e Emprego.
Precisamente sobre a búsqueda de vías para mellorar a situación de emprego en Verín xirará boa parte da tarefa do novo goberno municipal de Verín. Será o eixo central e ollarán directamente ós parques empresarias de Tamagos para que sexa construido e ó polígono de Pazos para que sexa ampliado como se prometeu.
O termalismo é outro dos sectores no que ten posto o ollo. O rexedor de Verín, Juan Manuel Jiménez, anunciou que na vindeira semana visitará Caldeliñas un empresario galego para coñecer esta instalación e estudar a posiblidade de que se encargue de revitalizar estas instalacións dás que hoxe por hoxe so quedan un par de paredes.
Tamén pretenden recuperar ós aguistas. Verín foi durante anos no pasado século, vila de aguistas e son moitos os veciños da terceira idade que lembran como a Verín chegaban entre xuño e setembro centos de persoas para tomar as augas desta vila de recoñecido prestixio polas suas propiedades. Pero aquelo perdeuse e agora os dirixintes municipales van tentar recuperar aquela tradición.
Aprobar o plan xeral é outra dás meta que ten o novo equipo de goberno. O alcalde apuntou que o plan hidrolóxico esixido pola Confederación Hidrográfica do Douro xa está elaborado. O borrador foi presentado polos técnicos ante a confederación e hai un compromiso dós responsabeis deste organismo para na vindeira semán dar unha resposta sobre sí é correcto ou hai que facer engadidos. Sin este documento non se pode avanzar no plan xeral. É o último trámite que queda. E sin o plan xeral non se poden escomenzar obras que están comprometidas e xa dispoñen de orzamento para o seu inicio como o edificio dás artes, ou o hotel balnearios.
Jiménez Morán mostrouse optimista e dixo que ten un equipo con gañas de escomenzar a traballar por Verín e polos veciños

0 comentarios:

Publicar un comentario