miércoles, 8 de junio de 2011

GAITEIROS E CIGARRONS ESTE SÁBADO NO CASTELO DE MONTERREI

Os Cigarróns de Verín farán soar as suas chocas este sábado pola tarde no Castelo de Monterrei. Nin se trata de unha saida de Entroido, nin haberá festa de disfraces, nin se equivocaron de data. Os Cigarróns darán colorido e ambiente a 26 edición da Xuntanza de Gaiteiros que con carácter internacional se celebrará un ano máis no patio interior do Castelo de Monterrei. Os cigarróns abrirán o acto musical que acollerá a artistas con raíces en diferentes países do mundo, chegados de distintos rincóns unidos por un instrumento: a gaita.
No Castelo de Monterrey soarán o sábado pola tarde gaitas que farán soar músicos de Grecia, Irlanda e Escocia; pero tamén haberá artistas do panorama nacional que se achegarán a Monterrey procedentes de Cataluña, Aragón, Asturias e Ferrolterra; e por suposto non faltarán as gaitas da provincia como xa é tradicional coa participación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense xunto coas Bandas de Gaitas do Concello de Verín e Terras do Cigarrón, ademáis dos gaiteiros de Flariz, localidade pertencente ó Concello anfitrión: Monterrei.
A XXVI Xuntanza Internacional de Gaiteiros, organizada polo Concello de Monterrei e a Deputación de Ourense, servirá ademáis para homenaxear a dous amantes da música de A Gudiña: falamos da Cantareira Concha e o gaiteiro Faustino Luis Seoane, veciños da localidade de O Canizo.
A cita: o sábado as sete da tarde no Castelo de Monterrei, con entrada libre para todos os que queiran asistir a este encontro de gaitas.

0 comentarios:

Publicar un comentario