lunes, 6 de junio de 2011

O BNG PIDE A ALCALDÍA DE A MEZQUITA A CAMBIO DE UN GOBERNO EN COALICION

Ningún dos candidatos a alcalde de A Mezquita recibirá apoio do BNG para gobernar este Concello. O candidato nacionalista, Rafael Pérez, dixo en Onda Cero Verin que o BNG de A Mezquita ten moi clara a sua postura: xa que non houbo maiorías se algún grupo quere alianza con este partido será dando a alcaldía o BNG dó contrario non haberá unión con ninguén.
En A Mezquita ningún dos 4 partidos presentados as eleccións obtivo maioría. A formación máis votada foi a encabezada por Fco José Montesinos, co grupo Independente Mezquiteses Agrupados, que obtivo 4 concelleiros. A segunda foi o BNG con 2 ediles. Os mesmos que o PSOE que está en terceiro lugar e o partido que menos votos obtivo foi o PP que só conseguiu un edil, cando tiña 4.
Para gobernar en maioría ou algunha forza política apoia a Montesinos ou hai un goberno tripartito PSOE, BNG e PP.
De haber un acordo con Fco José Montesinos, éste quere a alcaldía. Dende o BNG xa dixeron que non darán os seus apoios a lista Independente, pero tampouco ó resto, eso sí están abertos a un goberno en coalición coa única condición de que a alcaldía sexa para o BNG con Rafael Pérez como alcalde.
De non haber acordo en forma de pacto, todo indica que Fco José Montesinos será alcalde de A Mezquita.

0 comentarios:

Publicar un comentario