viernes, 6 de agosto de 2010

INTENSA FIN DE SEMAN NO SURESTE OURENSÁN

Se hai unha fin de semán na que a nosa axenda está apretada é esta porque se queremos estar en todos os actos programados hai que organizarse.
En VERIN: sábado e domingo V feira do viño. Unha boa oportunidade para descubrir os viños da denominación de orixen Monterrei. Estará, entre outros, o presidente da Xunta na inauguración mañá sábado. Alberto Núñez aproveitará para charlar tamén cós "populares" da comarca mirando xa as eleccións municipais; así está previsto que se desplace a Vilardevós onde se presenta como candidato unha nova persoa, Manuel Cardoso. Paralelamente á feira máñá
a partir das 23 horas: concerto folk-tradicional de Cantata Vernácula e o domingo actuación de Cantigas e Agarimos.
Pero tamén haberá MOTOS. Terá lugar a I Xuntanza internacional de Motos. Calculase que se chegará as 400 motos.
EN SANTIGOSO (A MEZQUITA): Celébrase a IV Exposición de Raza Frieiresa. Poderán mercar carne de tenreira desta raza e mesmo degusta-la á mediodía. Ademáis haberá un concruso monográfico de animais, unha exhibición de arrastre da pedra, unha carreira de máquinas de segar hera, unha competición de tiro ó carro por parellas e mesmo será poxada unha vaca, unha xovenca e unha becerra, Frieiresas, claro.
En LUBIAN: Esta noite ás 22.30 na Plaza Horta do Cura concerto de Tejedor (grupo folck) e Trapos Sucios,(música rock). Forma parte do VI Festival Folk nas Portelas
En VIANA: mañá cita coas pandereteiras do sur ourensán, coa maxia, có carnaval de verán.....
EN MUIÑOS: hai un pouco de todo, dende unha exposición de artesanía, a baixada de carrilanas, pasando polo xantar Galo Pica no Chan (galo caseiro), Música dance e mesmo unha corrida de touros con Sergio Vegas, Canales Rivera e o mismísimo Victor Janeiro. Os enemigos das corridas xa puxeron o grito no ceo.
E en ALLARIZ: hoxe e mañán pechan o ciclo do pan, hoxe moendo o grao que obtiveron coa seitura e posterior malla; e mañá elaborarán o pan no forno da Torre de Seoane como antano.
Pero ademáis o domingo haberá unha cita cós cesteiros. Será en Santa Mariña de Augas Santas, localidade que sempre contou con un bon número de cesteiros.
BOA FIN DE SEMÁN

0 comentarios:

Publicar un comentario