lunes, 9 de agosto de 2010

A CALOR LEVA OS ORGANIZADORES DA FEIRA DO VIÑO A PENSAR EN OUTRO ESCENARIO PARA CELEBRAR A VINDEIRA EDICIÓN

Verín acolleu esta fin de semán a V edición da feira do Viño. A calor sofocante e as altas temperaturas que se rexistraron na Plaza Maior na meirande parte dás horas nas que estiveron abertos os stands ó público, levou ós organizadores a pensar xa nun novo escenario para vindeiros anos, xa que na plaza concéntrase moita calor. Podería ser trasladada a zona da Alameda ou ben nas inmediacións do río Támega. A calor tamén levou a moitos visitantes da feira a permanecer pouco tempo na zona por mor das altas temperaturas. De todos xeitos, a nivel xeral, os profesionais deste gremio aseguran estar satisfeitos cos resultados do certamen.
O sábado, día da inauguración, e a pesares de que todos sudaron a camisa, foi a xornada dás visitas de políticos, dende o presidente da Xunta, Alberto Núñez, que estivo pola tarde, ó conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, que se encargou de presidir o acto de inauguración, xunto có alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, o presidente do Consello Regulador, Antonio Méndez e o propio pregoeiro Manuel Manquiña quen se comprometeu a divulgar polo mundo adiante as excelencias desta comarca de Monterrei.
O conselleiro anunciou que Verín, en concreto o Parador de Monterrei, acollerá a Cata de Viños e Aguardientes de Galicia, na segunda semana de setembro. Deixou tamén unha mensaxe de ánimo os viticultores e adegueiros para seguir traballando en pro deste sector, de cara a manter en alto os caldos de Monterrei e para acadar que estos viños acaden os mellores éxitos.

0 comentarios:

Publicar un comentario