jueves, 5 de agosto de 2010

ARDE UNHA NAVE GANDEIRA EN XINZO.OS DANOS ESTÁN VALORADOS EN 140.000 EUROS

Foi onte a noite. o lume afectou considerablemente á estructura da nave. No seu interior había sobor de todo alpacas de herba, así coma maquinaria: una mezcladora de forraxe e unha manipuladora de portapalés. A instalación pertence a unha explotación gandeira de vacún. Inicialmente, cálculanse uns danos que alcanzan os 140.000 euros. Segundo un informe da Garda Civil foron membros da comandancia de Xinzo de Limia os que primeiro detectaron unha nube de fume nas proximidades do parque tecnolóxico de Xinzo, polo que se trasladaron a zona e logo unha inspección,, detectaron o lume nunha explotación gandeira . Solicitaron medios para a extinción e participaron duas dotacións de Bombeiros do Parque de Xinzo de Limia e unha motobomba.

0 comentarios:

Publicar un comentario