miércoles, 4 de agosto de 2010

EMPEZAN A INSTALAR OS STANDS PARA A FEIRA DO VIÑO

A feira do viño de Verín chega a sua V edición. Será esta fin de semana. A inauguración terá lugar o sábado coa presencia, entre outras personalidades, do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. Esta mañá escomenzaron os traballos para instalar as casetas que acollerán as diferentes firmas de viño que se darán cita neste certamen. Estarán 12 adegas, a pesares de que están rexistradas o doble no Consello Regulador, pero aínda hai adegueiros que non ven este certamen coa mesma ilusión que os promotores da feira.
Os veciños que se acheguen ata a Plaza Maior de Verín terán oportunidade de coñecer diferentes caldos desta comarca tanto o sábado coma o domingo

0 comentarios:

Publicar un comentario